Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2023 Páx. 26918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 12 de abril de 2023, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a incoación do 20 de marzo de 2023 ditada no expediente sancionador LU-S-08/2023, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao interesado que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutora do expediente a Ana María Reimonde Martínez; os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente expediente sancionador por infracción grave en materia de turismo correspóndelle á persoa titular da Axencia de Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, en relación co disposto no artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución deste procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

O interesado disporá dun prazo de dez días, conforme o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Lugo, 12 de abril de 2023

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-08/2023.

Denunciado: 34318492.

Establecemento: Tosar.

Enderezo: rúa Miño, 8.

Localidade: Lugo.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.e) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e artigo 4.3 do Decreto 179/2011, do 8 de setembro, polo que se regula o réxime de prezos e reservas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipificación da infracción: artigo 110.12 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Cualificación: grave.

Incoación: 20 de marzo de 2023.

Sanción: multa de mil euros (1.000,00 €).