Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oroso (expediente IN407A 2023/19-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Nueva Higoma, S.L. (B70507900).

Domicilio social: rúa Alcalde Canuto Berea, 1, baixo, 15003 A Coruña.

Denominación: proxecto de liña de media tensión soterrada, centro de seccionamento e centro de transformación de 630 kVA a 20 kV para subministración eléctrica para almacén de loxística inversa sito no Polígono de Sigüeiro (Oroso).

Situación: Polígono de Sigüeiro na rúa Otero Pedrayo, 3, 15883 Oroso.

Características técnicas:

Instalación de alta tensión composta por:

– Liña de alta tensión soterrada con inicio e final na liña de distribución SIG803 entre os CT 15PKVM e CT 15PLHQ, logo de entrar e saír no CS proxectado. Condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm², Al, de 8 m de lonxitude.

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado con tres celas de liña (dúas telecontroladas) e unha cela de SSAA (24 kV, 400 A, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial

resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se xulgue pertinente.

A Coruña, 31 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña