Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2023 Páx. 26508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente-e IN407A 2022/231-1).

Expediente-e: IN407A 2022/231-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento da DP-7804 Val do Dubra a Santiago de p.q. 18-690 a 22+223, localizado nos lugares da Peregrina, Miramontes, Monte da Vila, Sarela de Arriba e O Bargo.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 9 de agosto de 2022, a empresa promotora solicitou ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de dar resposta a unha petición de recuamento das liñas de distribución de media e baixa tensión afectadas polas obras para a ampliación da DP-7804 Val do Dubra a Santiago, p.q. 18+690 a p.q. 22+223, no concello de Santiago de Compostela. Proxéctase o cambio de localización do centro de transformación de intemperie CT Bargo (15ANK2, expediente IN407A 2002/258-1) instalado no lugar do Bargo, de 100 kVA, mantido pola liña de distribución LMT SCY-822 (Fecha-Bargo 22), procedente da subestación San Caetano, e a instalación de dous novos treitos de liña de media tensión aérea.

Achegaron o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: recuamento DP-7804 Val do Dubra a Santiago de p.q. 18+690 a 22+223, asinado o 17 de novembro de 2022 por Carlota Martínez Rúa, graduada en Enxeñería Eléctrica con número colexial 4.776 de Vigo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puider prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña, á Deputación Provincial da Coruña e ao Concello de Santiago de Compostela. No día desta resolución non consta no expediente resposta dos organismos afectados, é dicir, Augas, a Deputación e o Concello, á solicitude dos condicionados solicitados.

4. O 16.3.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o establecido no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación aplicable neste expediente é a que a seguir se relaciona:

1º. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2º. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3º. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4º. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5º. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6º. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Actuación 1: LMTA a 20 kV de 49 metros, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio número 43, que se substituirá, da LMT SCY-822 (Fecha-Bargo 22), procedente da subestación San Caetano e remate no apoio número A75JQQOL//D42 existente. Substitución do apoio número A74FL72N//43 por un apoio de ángulo tipo C-3000/14.

– Retensado e regulado de LMTA a 20 kV de 200 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio número 43, que se substituirá, da LMT SCY-822 e remate no apoio número A72FHV8K//44 existente.

– Actuación 2: LMTA a 20 kV de 26 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio número 43, que se substituirá, da LMT SCY-822 (Fecha-Bargo 22), procedente da subestación San Caetano, e remate no apoio número 43-1, que se substituirá. Cambio do apoio número A74TSL26//43-1 CT por un apoio de remate de liña tipo C-2000/12.

– Novo CT de intemperie cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P, instalado sobre o apoio número 43-1, que se cambiará. Desmantelamento do CTI Bargo (15ANK2, expediente IN407A 2002/258-1) existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña