Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación ALL807 de apoio BGPN8DXV-55, no concello de Xunqueira de Ambía (expediente IN407A 2022/92-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación ALL807 de apoio BGPN8DXV-55, na Casa do Concello de Xunqueira de Ambía, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 12 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/92-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Xunqueira de Ambía.

Denominación: regulamentación ALL807 de apoio BGPN8DXV-55.

Predio núm.

Lugar

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

A Cruz

Descoñecido

Casa do Concello de Xunqueira de Ambía

13.6.2023

11.30

2

Bidueira

Descoñecido

Casa do Concello de Xunqueira de Ambía

13.6.2023

11.35