Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e cartas de pagamento en materia de industria (expediente IN635C SANC-IND OU 2022/07-3).

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de intentar a notificación sen que se puidese efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no TEU do BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 12 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

CIF da entidade

Acto adoptado

Data do acto

IN635C SANC-IND OU 2022/07-3

Proposta de resolución e cartas de pagamento

34909485Q

Pola xefa territorial

24 de marzo de 2023