Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o pagamento do prezo xusto e dos xuros, por expropiación, no expediente IN407A 2021/29-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio son informadas as persoas afectadas pola expropiación do acto de pagamento dos prezos xustos e dos xuros polos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas realizadas no dito expediente e que terá lugar no Concello da Laracha, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulartes de dereitos sobre os ben afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 11 de abril de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/29-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Instalación: LMT e CT Teixoeira.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Fecha

Hora

1

0674903NH3807S0001TA

Descoñecida

20 de xuño

10.00

2

15042A153001250000RO

Herdeiros de Dolores Vila López

20 de xuño

10.00