Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración en expediente de expropiación no concello de Cartelle, provincia de Ourense (expediente IN407A 2022/78-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de reconectador TC no apoio núm. D23-52-1 da LMTA, 20 kV, CAS805, no concello de Cartelle, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 11 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/78-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de reconectador TC no apoio núm. D23-52-1 da LMTA, 20 kV, CAS805.

Concello: Cartelle.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Monte de San Martiño

32021A132002900000JM

CMVMC de San Martiño

Enderezo descoñecido

10.4.2023

2

Monte de San Martiño

32021A133004910000JO

CMVMC de San Martiño

Enderezo descoñecido

10.4.2023