Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións pola construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo, na provincia de Ourense (expediente IN407A/017-3).

Mediante o Acordo do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, someteuse a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2023/017-3), o cal foi publicado no DOG do 5 de abril de 2023 e, ao mesmo tempo, realilzouse a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, núm. 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 10 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/017-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: peche de LMTA REG803 e REG804 no CT 32C547.

Termos municipais: Montederramo e Xunqueira de Espadanedo.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32050A008000510000LU.

Lugar: Aradas.

Cultivo: prado.

Titular: Antonio Gómez García.

Afeccións: ocupación de 963 m² de servidume de voo.

Predio núm. en proxecto: 8; referencia catastral: 32038A036000440000KE.

Lugar: Pena da Malla.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións apoio/CT: ocupación de 6 m² para os apoios núm. 100, 101 e 102.