Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións pola construción dunha instalación eléctrica prevista nos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar, na provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 2 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, someteuse a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/031-3), o cal foi publicado no DOG do 31.3.2023 e, ao mesmo tempo, realizouse a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez núm. 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 10 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/031-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: peche derivadas PRS811, VLL810 e VLL825.

Concellos: A Peroxa, Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.

Predios

Propietarios

Afección

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Referencia catastral

Apoio ou CTC

Servidume de voo

Sup. ocupada m2

Lonx. m

Sup. afect. m2

Concello: Nogueira de Ramuín

3

Cortiña

Monte alto

Manuel Vilanova Marica

32053A018007460000IU

21

263

5

Sequeiro

Monte alto

Manuel Pereira Rodríguez

32053A018007490000IA

19

391

Concello: A Peroxa

8

Bodega

Monte alto

Antonio Fernández Rodríguez

32060A068007280000QP

8

125

11

A Bodega

Monte alto

María del Carmen Rodríguez Fernández

32060A068002600000QO

34

23

Monte da Mariña

Monte alto

Antonio Tabuada Fernández

32060A069000390000QM

35

26

Alpuxarras

Monte alto

Valvina González Rodríguez

Emilia González Rodríguez

Asier González Rodríguez

María del Pilar González Rodríguez

32060A069000620000QA

5

1

52

828

31

Monte Bouzo

Monte alto

Descoñecido

32060A069003080000QZ

8

126

Concello: O Pereiro de Aguiar

36

Granxa

Monte alto

Josefa Pérez

32059A007003530000OX

D59

2