Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2023 Páx. 26202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 10 de abril de 2023, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02264-O-2022 e dous máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador XC-02264-O-2022 e outros dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se lle facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

A Coruña, 10 de abril de 2023

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

XC-02264-O-2022

7487-BVL

47375442L

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

28.2.2022; 13.30; AC-12; 8,9

Artigo 199.9 do ROTT

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 201.b) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT

201 euros

XC-02379-O-2022

0135-FSC

44824875Z

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

22.3.2022; 15.10; A-6; 540,0

Artigo 199.9 do ROTT

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 201.b) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT

201 euros

XC-02398-O-2022

4403-GXS

32747098C

Non levar a bordo do vehículo o certificado de conformidade deste, posuíndoo.

26.3.2022; 7.35.00; AC-12; 3,5

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 199.9 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.b) do ROTT

201 euros