Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: peche de anel LAT 20 kV Cospeito 1.
Situación: concello de Castro de Rei.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cospeito 1 entre apoio A57685 e CT 9428 Gasolineira, con orixe no apoio A57685 e final no CT 9428 Gasolineira cunha lonxitude de 50 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cospeito 1 entre CT 9428 Gasolineira e CT 13222 Xenxibre, con orixe no CT 9428 Gasolineira e final no CT 13222 Xenxibre, cunha lonxitude de 345 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cospeito 1 entre CT 12542 Campo da Feira e CT 11370 Urb. Camiño do Muíño, con orixe no CT 12542 Campo da Feira e final no CT 11370 Urb. Camiño do Muíño, cunha lonxitude de 520 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
• Centro de transformación en edificio prefabricado Gasolineira, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha cela de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.
Finalidade da instalación: mellora da subministración.
Orzamento: 159.600,58 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Castro de Rei.
• Separata para Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
• Separata para o Ministerio de Transportes. AESA.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 31 de marzo de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo