Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de notificación do procedemento da orde de execución con número de expediente 2203/2023.

Expediente: orde de execución por desprendemento de terras. Actuacións previas e medidas cautelares.

Número: 2203/2023.

Interesados: pluralidade indeterminada.

Decreto: 2023/0607.

Data: 21.3.2023.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 21.3.2023, recaída en expediente de orde de execución por desprendemento de terras en noiro existente situado na rúa do Porto, número 27, de Celeiro, deste termo municipal, resólvese no punto segundo: establecer como medida cautelar a suspensión da tramitación de solicitudes referidas a toda actividade de edificación e de remoción de terras, tanto no noiro como nos predios identificados no expediente, como nos inmediatamente estremeiros, así como de alta ou modificación de actividades.

O que se notifica, con indicación de que, por tratarse dun acto de trámite cualificado, pódese interpoñer alternativamente ou recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante o mesmo órgano que pronunciou o acto, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso ou vía de impugnación que se xulgue pertinente.

Viveiro, 27 de marzo de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa presidenta