Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25607

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de corrección de erros da aprobación inicial da modificación número 6 do Plan xeral de ordenación municipal.

Advertido un erro no anuncio publicado no DOG núm. 73, do 17 de abril de 2023, relativo á aprobación inicial da modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal, onde di: «SUR-T1», debe dicir: «SUR-I1». A redacción correcta do anuncio é a seguinte:

Unha vez aprobada inicialmente polo Pleno municipal en sesión do 30 de marzo de 2023 a modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de San Cibrao das Viñas para a reorganización dos sistemas xerais co fin da ampliación da depuradora e para a modificación do SUR-I1, en cumprimento de tal acordo e das prescricións contidas no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no xornal La Región, así como na sede electrónica deste concello www.sancibrao.sedelectronica.es, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial comporta a suspensión do outorgamento de licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do PXOM, que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas:

Tipo de licenza:

Totalidade do ámbito do sector SUR-I1.

Licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición.

A duración da suspensión é dun ano.

San Cibrao das Viñas, 19 de abril de 2023

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde