Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2023 Páx. 25609

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

S. Coop. Gallega de Viviendas Libres os Moimentos Portosín en liquidación

ANUNCIO de liquidación e extinción da cooperativa.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria de socios do 24 de marzo de 2023 acordouse, por unanimidade de votos, a extinción da Sociedad Cooperativa Gallega de Viviendas Libres Os Moimentos Portosín, a aprobación do balance de liquidación e do proxecto de distribución do activo, segundo o previsto na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

Tesouraría: 0 €.

Total activo: 0 €.

Resultado negativo do exercicio: 509 €.

Proxecto de distribución do activo: unha vez compensados todos os resultados negativos e estando pagadas as contías dos acredores pendentes, non existen saldos pendentes de adxudicación en ningunha partida.

Porto do Son, 28 de marzo de 2023

María Paz Calvo
Presidenta de Moimentos Portosín, Sociedad Cooperativa Gallega