Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e soterramento da LMT TRO703 CT San Paio, apoio A0NEBGQ419, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e soterramento da LMT TRO703 CT San Paio, apoio A0NEBGQ419, no concello de Vigo, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e deberán exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 5 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/373-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA e soterramento da LMT TRO703 CT San Paio, apoio A0NEBGQ419.

Concello: Vigo.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

6366924NG2766N0001PQ

Areeiro-Lavadores

Descoñecida

29 de setembro de 2023

12.00