Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado das follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de regulamentación LMT FRI808 entre os apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5, realizadas pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT FRI808 entre os apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, un escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria. No segundo caso terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración, e así mesmo achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 4 de abril de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/62-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMT FRI808 entre os apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5.

Concello: A Cañiza.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

3

36009B516015430000FH

A Minada

Aurora Reinaldo Vázquez

4

36009B516015420000FU

A Minada

Ana Gabriela Sagaste Reinaldo