Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 31 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2018/00115.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentar a notificación do requirimento de documentación no último domicilio da persoa interesada sen poder efectuala, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, compareza no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlle o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de non facelo, terase por desistida da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada para que poida consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 31 de marzo de 2023

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2018/00115

79063532C