Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento definitivo para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, no polígono 9, parcela 88 (expediente 442/2022).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a Resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A009000880000GZ, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha alegación posto que, segundo consta no certificado expedido pola Secretaría o 17 de febreiro de 2023, non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigacións incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A009000880000GZ

Localización

Lg. Liñares-Xesta

Segundo. Efectuar comunicación definitiva para lembrar ao responsable o cumprimento das obrigacións incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A009000880000GZ

Localización

Lg. Liñares-Xesta

Superficie parcela

1.096,00 m2 = 0,1096 ha

Superficie afectada

1.096,00 m2 = 0,1096 ha

Rede de defensa contra incendios

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Terceiro. Identificar a Carlos Oubiña Cousiño, como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, por figurar como titular dos terreos na Dirección Xeral do Catastro.

Cuarto. De acordo co informe técnico municipal emitido o 2 de novembro de 2022, e ratificado no informe técnico municipal emitido o 17 de febreiro de 2023, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión da biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato herbáceo

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbóreo

Frondosas caducifolias

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Rareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4m de altura:

poda mínima 4 m.

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Rareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4m de altura: poda hasta 1/3 altura.

– Árbores >11,4m de altura:

poda mínima 4 m.

 Cumpre

 Non cumpre

Vexetación seca

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

A parcela denunciada conta con estracto arbóreo (incluído na disposición adicional 3ª: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión. Incumpre deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que o responsable realice as actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Sexto. Transcorrido o devandito prazo, os servizos técnicos municipais deberán realizar unha visita de comprobación e emitir informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sétimo. Apercibir ao responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á execución subsidiaria das ditas actuacións.

Lembrarlle ao responsable a obrigación que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Oitavo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

ha

Roza matogueira c/ rozadoira, ø<3 cm, pte.<30 %

Roza manual empregando rozadoira dunha matogueira de diámetro basal igual ou inferior a 3 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 % e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un.

1.512,84 €

0,1096

165,81 €

Apeo árbores ø >30 cm

Corta manual de pés con diámetro normal superior a 30 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha.

1,81 €

10

18,10 €

m3

Tronza de fustes de ø >30 cm

Tronza de fustes con motoserra, de árbores de diámetro normal superior a 30 cm, en toros de 2,5 m.

3,09 €

8,478

26,20 €

ha

Recollida e envastelamento de residuos, dens<10 t/ha, pte,<30 %

Recollida e envastelamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas,podas e/ou rareos ou desmentas, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 % .

274,01 €

0,1096

30,03 €

ha

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga)

Queima controlada de residuos forestais envastelados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

190,47 €

0,1096

20,88 €

Total actuación

95,20 €

Advírteselle que, no caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, realizarase a exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Noveno. Advírtese que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, efectuarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Décimo. Notificar a presente resolución aos interesados.

Recursos que proceden: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, que poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpoñer o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

A Lama, 29 de marzo de 2023

Jorge Canda Martínez
Alcalde