O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de marzo de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente a modificación do estudo de detalle da UE-6 Cabreira-Maianca, para a ordenación de volumes das parcelas 23 á 28 no quinteiro nº 2 (documento R.E. nº 2023004235, do 13.3.2023).
Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.
O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org
Oleiros, 13 de abril de 2023
Ángel García Seoane
Alcalde presidente