Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Vilantime (Arzúa, A Coruña) para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de abril de 2023

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

24401784A

Trámite de audiencia

San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña)