Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2023 Páx. 24802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade de varias resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e dunha correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: planta de tratamento de residuos férricos e non férricos

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Alumisel, S.A.U.

Nº de rexistro AAI: 2017-IPPC-I-89-336

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Expediente: 2022-IPPC-M-132, 2022-IPPC-M-11

Instalación: planta de procesado de aceites de orixe animal e graxas de orixe vexetal

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (Afamsa)

Núm. de rexistro AAI: 2014-IPPC-13-280

Localización: concello de Mos (Pontevedra)

Expediente: 2022-IPPC-M-125

Instalación: planta xestora de residuos e vertedoiro

controlado

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Acttia Medioambiental, S.L.

Localización: concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña)

Expediente: 2023-IPPC-M-15

Instalación: planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados

Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental

Titular: Codisoil, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2014-IPPC-38-275

Localización: concello do Pereiro de Aguiar (Ourense)

Instalación: planta de produción de taboleiros de fibra de densidade media (MDF)

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Industrias del Tablero, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2014-IPPC-98_279

Localización: concello de San Sadurniño (A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-M-115

Instalación: vertedoiro de residuos non perigosos derivado da mellora do plan de restauración do espazo natural da canteira de Miramontes

Procedemento: corrección de erros

Titular: Sertego Servicios Medioambientales, S.L.U.

Expediente: 2022-IPPC-M-130

Localización: concello de Santiago de Compostela (Coruña)

Nº de rexistro: 2006/0104_AIA/IPPC_030

Instalación: explotación avícola de ceba de pavos

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Proxecto: planta de compostaxe

Expedientes: 2021-IPPC-M-99, 2022-IPPC-M-6

Titular: Avícola O Marco, S.L.U.

Núm. de rexistro AAI: 2016-IPPC-48-310

Localización: concello de Monterroso (Lugo)

Instalación: explotación avícola de polos de ceba

Procedemento: modificación non substancial e refundido da autorización ambiental integrada

Titular: Avícola Casás, S.C.

Núm. de rexistro AAI: 2007/200_AIA/IPPC_201

Localización: As Covas, parroquia de Goberno, concello de Castro de Rei (Lugo)

Expediente: 2022-IPPC-M-024

Instalación: complexo industrial de refino de petróleo

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Repsol Petróleo, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2005/0180_NAA/IPPC_016

Localización: concellos da Coruña e de Arteixo (A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-M-113

Instalación: planta de fabricación de taboleiro aglomerado

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Tableros Hispanos, S.L.U.

Núm. de rexistro AAI: 2015-IPPC-I-54_308

Localización: concello de Lugo

Expediente: 2021-IPPC-M-97

Instalación: planta de lacado e recubrimento de superficies metálicas

Procedemento: transmisión de titularidade da autorización ambiental integrada

Antigo titular: Lacados de Galicia, S.L.

Novo titular: Digoin, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0069_NAA/IPPC_180

Localización: concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Expediente: 2023-IPPC-M-32

Instalación: planta de produción de fariña

Procedemento: transmisión de titularidade da autorización ambiental integrada

Antigo titular: Reyes Hermanos, S.L.

Novo titular: Harinera del Mar Siglo XXI, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2013-IPPC-7-265

Localización: concello de Pontevedra

Expediente: 2023-IPPC-M-27

Instalación: planta xestora de residuos e vertedoiro

controlado

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Acttia Medioambiental, S.L.

Localización: concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña)

Expediente: 2023-IPPC-M-37

Estas resolucións poderanse consultar en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático