Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de abril de 2023 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación IOTA, amarrada nas instalacións de Marina Muros.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Olivier Boivin con pasaporte número 16CK61201 e a Dominique Caro con número de pasaporte 08CT809844, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 22 de febreiro de 2023 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación Iota con matrícula LR814606 amarrada nas instalacións da Mariña Muros, provincia da Coruña, España, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por estar a embarcación amarrada nas instalacións da Mariña Muros en estado de abandono e sen aboar as taxas pendentes desde hai máis de tres anos, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, (DOG núm. 236 do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a Presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, epígrafes a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgaselles aos interesados antes identificados un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese, que de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que hai que realizar sobre o buque sexan por conta dos anteriores propietarios.

Cara ao seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia