Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2023 Páx. 24523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 3 de abril de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro, por non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación posterior que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril, DOG núm. 96, do 21 de maio, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se vai achegar, deberanse poñer en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfono 986 56 80 36.

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado ( BOE)

Pontevedra, 3 de abril de 2023

José Flores Arias
Xerente de Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/NIE: Z0129832W.

DNI/NIF/NIE: 049667548Z.

DNI/NIF/NIE: 53118604N.

DNI/NIF/NIE: Y08504252Q.

DNI/NIF/NIE: 35278602Y.

DNI/NIF/NIE: Y8838775G.

DNI/NIF/NIE: 035225247B.

DNI/NIF/NIE: 053181748K.

DNI/NIF/NIE: 077405774X.

DNI/NIF/NIE: 042093281S.