De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS, CT Estrada Lamosa (expediente IN407A 2023/140-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 29 de marzo de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/140-4.
Denominación: LMTS, CT Estrada Lamosa.
Concello: Redondela.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CT (m²) |
Afeccións |
|
ml sub. |
m² sub. |
||||||
1 |
Quinta-Chapela |
Urbana |
8394606NG2789S0001AX |
Descoñecido/a |
38,36 |
226,31 |
|
2 |
Eido do Castaño |
Eucalipto |
36045A049004510000WZ |
Descoñecido/a |
14,96 |
9,85 |
118,00 |