Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2023 Páx. 24226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Castrelo de Miño, provincia de Ourense (expediente IN407A 2022/15-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de interruptor TC no apoio núm. D38 da LMTA CAS806, no concello de Castrelo de Miño, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 31 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/15-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de interruptor TC no apoio núm. D38 da LMTA CAS806.

Concello: Castrelo de Miño.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

1

Rodal

32023A062010000000HZ

Descoñecido

29.3.2023