Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2023 Páx. 24224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica LMTS, CT Couso 2, prevista no concello de Moaña (expediente IN407A 2023/111-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS, CT Couso 2 (expediente IN407A 2023/111-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/111-4.

Denominación: LMTS, CT Couso 2.

Concello: Moaña.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m²)

Apoio

Afeccións

ml sub.

m² sub.

1

O Redondo

Rústico

36029A023002750000ID

Descoñecido/a

1

2,00

4,00

8,00