Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 2023 Páx. 23923

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 30/2023, do 30 de marzo, polo que se aproba a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, establece, no punto 1 do seu artigo 10, os catálogos de estradas como os instrumentos públicos que serven para identificar, inventariar, clasificar e, se for o caso, categorizar funcionalmente as estradas das redes de cada Administración titular.

O Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia foi aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 129, do 8 de xullo.

No punto 6 do artigo 10 da antedita Lei 8/2013 indícase que terán a consideración de modificación dos catálogos de estradas e dos inventarios de travesías o cambio de titularidade de estradas, travesías ou treitos delas, segundo os procedementos daquela lei; a construción de novas estradas ou de novos treitos das estradas existentes, a adquisición ou a perda da condición de estrada dunha vía pública, a consideración como travesía dun treito de estrada, cando non se tramitase un expediente ao respecto para o seu recoñecemento; o cambio de categoría funcional de estradas, cando non se tramitase un expediente ao respecto, e o resto de supostos previstos regulamentariamente.

A ese respecto, o Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, recolle, no seu artigo 22, o literal dos supostos de modificación dos catálogos de estradas contidos na Lei 8/2013.

Finalmente, o punto 3 do artigo 10 da antedita Lei 8/2013 establece que as respectivas modificacións do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia serán aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, mediante decreto.

Desde a aprobación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia téñense identificado varias vías públicas de titularidade autonómica que constitúen estradas, pero que non estaban incluídas nel. En consecuencia, para que esas vías públicas adquiran a condición de estradas, é precisa a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, ao abeiro da letra c) do punto 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

Ese proxecto de decreto polo que se aproba a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia someteuse á información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 236, do 14 de decembro de 2022, co fin de que calquera persoa física ou xurídica puidese formular as alegacións que considerase pertinentes.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de marzo de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Modificar o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia do seguinte xeito:

a) Incorporar as estradas AG-57-Nr3 e VG-1.2r0 cos correspondentes datos que as identifican:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

AG-57-Nr3

AG-57-N límite do parque empresarial do Porto do Molle

AG-57-N límite do parque empresarial do Porto do Molle

0+000

0+420

0,42

0,42

Complementaria

Estrada convencional

Pontevedra

VG-1.2r0

Polígono industrial de Vilar do Colo (VG-1.2)-polígono industrial de Vilar do Colo (rúa Rizón)

Polígono industrial de Vilar do Colo (VG-1.2)-polígono industrial de Vilar do Colo (rúa Rizón)

0+000

0+630

0,63

0,63

Complementaria

Estrada convencional

Pontevedra

b) Incorporar un treito intermedio da PO-300, correspondente á variante de Ponte Arnelas, entre os pp.qq. 6+320 e 6+930, e modificar a denominación dos diferentes treitos desa estrada afectados por ese cambio.

Así, substitúense os seguintes treitos:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

PO-300

Mosteiro-Cambados (VG-4.3)

Mosteiro-Ponte Arnelas (EP-9511)

2+680

6+320

3,64

8,57

Local

Estrada

convencional

Pontevedra

PO-300

Mosteiro-Cambados (VG-4.3)

Ponte Arnelas (PO-301)-Cambados (VG-4.3)

6+790

11+720

4,93

8,57

Local

Estrada

convencional

Pontevedra

Por un único treito da PO-300, que incorpora a variante de Ponte Arnelas e os dous treitos adxacentes a ela por cada un dos seus lados, e pola estrada PO-300a:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

PO-300

O Mosteiro (Zacande)-Cambados (VG-4.3)

O Mosteiro (Zacande)-Cambados (VG-4.3)

2+680

11+720

9,04

9,04

Local

Estrada

convencional

Pontevedra

PO-300a

Ponte Arnelas (PO-301)-variante de Ponte Arnelas (PO-300)

Ponte Arnelas (PO-301)-variante de Ponte Arnelas (PO-300)

6+790

7+100

0,31

0,31

Local

Estrada

convencional

Pontevedra

2. A documentación completa e actualizada do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia que incorpora os cambios derivados de todas as modificacións e actualizacións posteriores á súa aprobación inicial, incluída a aprobada mediante este decreto, está dispoñible no seguinte enderezo da páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega?langId=gl_ES

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de marzo de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade