Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente 2022/30 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LMTA PRS802 derivada a CT Espasantes.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Reforma da derivación a CT 27C009, coa substitución dos apoios existentes por outros de celosía metálica, e cambio do condutor actual de tipo LA-30 e LA-56, instalando 817 metros de condutor de tipo LA-56.

– Substitución do apoio existente núm. 75-6 da LMTA PRS802 de entroncamento da derivación a CT 27C009 por outro de celosía metálica, retensando o condutor de tipo LA-30 sobre o apoio núm. 75-5 e o proxectado e instalando 28 m de condutor de tipo LA-56 entre este e o apoio núm. 75-7.

– Centro de transformación de tipo intemperie sobre apoio de celosía metálica, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V. Retirada do CT existente e demolición da caseta de obra na que se sitúa actualmente.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de enerxía desta xefatura territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Pantón. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/panton2

Ata o momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 21 de marzo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

Núm. de predio

Nome e apelidos

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Afección apoio (nº)

Superficie (m2)

Voo (m)

Voo superficie (m2)

19

Elena de Prado Salas

56

351

Barrio

Prado

18.0

280.0

20

Elena de Prado Salas

56

352

Barrio

Prado

15.0

239.0

21

Elena de Prado Salas

56

353

Barrio

Prado

6.0

90.0

23

Elena de Prado Salas

56

355

Barrio

Prado

0

33.0

25

Pablo de Prado Díaz

51

1398

Prado da Bodega

Prado

92.0

1.436.0

26

Descoñecido

51

1401

Prado Barrio

Monte alto

0

32.0

27

Antonio Varela Fernández

51

1402

Prado Barrio

Monte ato

75-6-13

2.0

21.0

243.0

29

Benito Romay Vázquez

51

1403

Barrio

Monte baixo

16.0

256.0

30

Arsenia Rodríguez Rodríguez

51

1404

Barrio

Monte alto

16.0

249.0

31

Federico Vargas de Prado

51

1406

As Cruces

Monte baixo

43.0

696.0

anexo