Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica nos concellos de Noia e Brión (expediente IN407A 2022/257-1).

Expediente: IN407A 2022/257-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira. Distancias antirregulamentarias entre o apoio nº 6 e o apoio nº 29.

Concellos: Noia e Brión.

1. Características técnicas:

Modificación, respectando o seu actual trazado, do treito da liña LAT 66 kV subestación Tambre 2-subestación Negreira (rexistrada nos expedientes 10.167, IN407A 2004/356-1, IN407A 2008/262-1 e IN407A 2016/2498-1) comprendido entre os seus apoios nº 6 (matrícula: 92021242) e nº 29 (matrícula: 92021218), consistente en:

– Substitución do apoio nº 7 (matrícula: 92021241) de formigón tipo AL-SUS-2 x HV/BS-U70 de 11,60 metros de altura, polo novo apoio metálico de celosía AL-SUS-O-1600/14,90/T-3/2-T/CS-120-66-IV de 22,95 metros de altura, que pasará a ser identificado como apoio nº 7N e que se desprazará cinco (5) metros cara ao apoio nº 6 existente respecto do emprazamento actual do apoio nº 7. No novo apoio nº 7N proxéctase a instalación dun conxunto de suspensión para o condutor de fibra óptica tipo AUT-24F a dous metros baixo a cabeza do fuste e de toma de terras con picas.

– Substitución do apoio nº 20 (matrícula: 92021227) de formigón tipo AL-SUS-2 x HV/BS-U70 de 11,89 metros de altura, polo novo apoio metálico de celosía AL-SUS-O-1600/14,90/T-3/2-T/CS-120-66-IV de 22,95 metros de altura, que pasará a ser identificado como apoio nº 20N e que se desprazará cinco (5) metros cara ao apoio nº 19 existente respecto do emprazamento actual do apoio nº 20. No novo apoio nº 20N proxéctase a instalación de cadeas de suspensión e de toma de terras con picas.

– Substitución do apoio nº 27 (matrícula: 92021220) de formigón tipo AL-SUS-2 x HV/BS-U70 de 12,54 metros de altura, polo novo apoio metálico de celosía AL-AM-O-2900/12,60/T-3/2-T/CA-120-66-IV de 20.65 metros de altura, que pasará a ser identificado como apoio nº 27N e que se desprazará cinco (5) metros cara ao apoio nº 28 que se vai substituír respecto do emprazamento actual do apoio nº 27. No novo apoio nº 27N proxéctase a reinstalación da caixa de empalme para o condutor de fibra óptica tipo AUT-24F existente no apoio nº 27 que se vai substituír e a instalación de toma de terras dobre con picas.

– Substitución do apoio nº 28 (matrícula: 92021219) de formigón tipo ANG-AM-2 x HV/BS-U70 de 12,68 metros de altura, polo novo apoio metálico de celosía ANG-AM-O-2900/14,90/T-3/2-T/CA-120-66-IV de 22,95 metros de altura, que pasará a ser identificado como apoio nº 28N e que se desprazará oito (8) metros cara ao apoio nº 29 existente respecto do emprazamento actual do apoio nº 28, manténdose a actual aliñación entre apoios. No novo apoio nº 28N proxéctase a instalación de toma de terras dobre con picas.

As anteriores operacións implicarán, entre outras actuacións, a demolición das cimentacións existentes dos actuais apoios nº 7, nº 20, nº 27 e nº 28, o recheo das cepas que se van retirar, a construción das novas cimentacións para os apoios nº 7N, 20N, 27N e 28N proxectados e a instalación de novo condutor tipo LA-180 no treito da liña de 315 metros de lonxitude comprendido entre os apoios nº 6 e nº 8 existentes e no treito da liña de 118,5 metros de lonxitude comprendido entre os apoios nº 27N e nº 28N proxectados.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 22 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira. Distancias antirregulamentarias entre o apoio nº 6 e o apoio nº 29

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Noia

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Francisco Rial Coiradas

Polígono 1, parcela 89

Riba de Fonte Cornadas

Novo apoio 7N

4

Arboredo

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Brión

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Financiera Maderera, S.A.

Polígono 14, parcela 889

Chouza

Novo apoio 20N

4

Arboredo

3

Pilar Casal Lameiro

Polígono 14, parcela 101

Chouza da Pontela

Novo apoio 27N

3

Matogueira

4

María de los Ángeles

Míguez Pedrades

Polígono 14, parcela 94

Pouso

Novo apoio 28N

4

Matogueira