Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2023 Páx. 23710

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 31 de marzo de 2023 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución do Programa de integración familiar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213H).

No Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro de 2023, a través da Resolución do 11 de xaneiro de 2023, da Consellería de Política Social e Xuventude, publícase a convocatoria do procedemento de asignación de concerto social para a execución do Programa de integración familiar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213H).

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, con data 31 de marzo de 2023 emite o órgano competente a resolución que finaliza o dito procedemento.

A epígrafe 7 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 11 de xaneiro de 2023 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 31 de marzo de 2023 ditada no procedemento BS213H de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do Programa de integración familiar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, que se xuntará coa presente resolución no anexo.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 31 de marzo de 2023 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de integración familiar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213H)

A través da Resolución do 11 de xaneiro de 2023, da Consellería de Política Social e Xuventude, publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do Programa de integración familiar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213H), para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do citado programa.

Unha vez examinada a solicitude polo órgano instrutor (presentouse unha única entidade), avaliada a dita solicitude pola Comisión de Valoración, e vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do Programa de integración familiar a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 11 de xaneiro de 2023, publicada no DOG núm. 20, do 30 de xaneiro de 2023.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a entidade presentada ao concerto:

a) Calidade do proxecto técnico (ata 40 puntos), baremado de acordo cos seguintes criterios:

a.1) Proxecto de intervención coas familias e menores, tendo en conta a coherencia entre as distintas problemáticas e necesidades atendidas e os obxectivos, contidos e metodoloxía e actividades propostos, segundo os seguintes criterios (ata 25 puntos)

Puntuación acadada

– Descrición das necesidades e características das familias e menores beneficiarios deste programa (1 puntos)

1 punto

– Definición da estrutura e fases da intervención-fases de derivación, elaboración do plan de actuación, intervención, seguimento e finalización, de acordo co establecido no prego técnico do concerto social (ata 8 puntos)

8 puntos

– Desenvolvemento da intervención que se aplicará en función das características e necesidades das nenas, nenos e adolescentes (ata 8 puntos)

8 puntos

– Sustento teórico, estratexias e ferramentas a través das cales se articulará o programa (ata 4 puntos)

4 puntos

– Modelos de coordinación cos ETM das xefaturas territoriais e co resto de axentes sociais e entidades administrativas que interveñan no caso (ata 4 puntos)

3 puntos

a.2) Formación continua do persoal segundo os seguintes criterios (ata 8 puntos)

– Adecuación de contidos, metodoloxía, recursos empregados respecto aos obxectivos pretendidos (ata 6 puntos)

4 puntos

– Metodoloxía da avaliación da formación ofrecida ao persoal (ata 2 puntos)

2 puntos

a.3) Accións de sensibilización e difusión en relación co programa (ata 2 puntos) segundo os seguintes criterios

– Adecuación do formato, contido, metodoloxía e recursos empregados aos obxectivos pretendidos (ata 1 punto)

0,75 puntos

– Metodoloxía de avaliación do impacto da difusión realizada (ata 1 punto)

0,5 puntos

a.4) Calidade do sistema de avaliación dos resultados da intervención coas familias e nenos, nenas e adolescentes proposto (ata 5 puntos)

5 puntos

b) Instalacións en que se levará a cabo o servizo: ata 10 puntos de acordo cos seguintes criterios:

b.1) Dimensións, distribución e grao de adecuación dos espazos, así como grao de adecuación dos equipamentos ás actividades que se vaian realizar, incluída a situación xeográfica (ata 5 puntos)

3 puntos

b.2) Grao de conservación, calidade e confortabilidade dos espazos e equipamentos, incluída a accesibilidade (ata 5 puntos)

2 puntos

Total a) e b)

41,25 puntos

c) Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade: ata 10 puntos.

c.1) Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, ou equivalente (4 puntos)

4 puntos

c.2) Estar en posesión do certificado de empresa familiarmente responsable, ou equivalente (4 puntos)

4 puntos

c.3) Estar en posesión do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou equivalente (2 puntos)

2 puntos

Total c)

10 puntos

d) Experiencia do persoal asignado ao proxecto, ata 15 puntos.

d) Experiencia do persoal asignado ao proxecto, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano de experiencia do persoal asignado ao proxecto en materia de preservación e reintegración familiar. Terase en conta a experiencia laboral como persoal técnico en programas ou servizos relacionados directamente co obxecto deste concerto, incluídos os prestados no ámbito dos servizos sociais comunitarios.

En caso de que a entidade acredite a súa solvencia técnica e profesional a través da experiencia de dous anos da persoa que exerza de coordinadora e outros membros do equipo técnico, este período non se terá en conta para o cómputo neste criterio

15 puntos

Total d)

15 puntos

e) Formación do persoal asinado ao proxecto, ata 15 puntos.

e) Formación do persoal asignado ao proxecto, ata 15 puntos. Valorarase cun punto cada dez horas de formación do persoal en materia de protección á infancia. Neste sentido, terase en conta a participación en congresos ou xornadas, sempre que as certificacións de asistencia se refiran aos dez últimos anos. Para que sexan baremadas, as actividades formativas terán que corresponder a formación regrada e homologada ou teren sido organizadas por entidades autorizadas pola Administración para prestar servizos sociais (inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, ou equivalente).

15 puntos

Total e)

15 puntos

f) Experiencia acreditada da entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia, ata 10 puntos.

f) Por cada ano de servizo acreditado pola entidade concertada no ámbito da protección á infancia e á adolescencia, ata 10 puntos. Computarase un punto por cada ano por riba do requisito mínimo para optar ao concerto establecido na letra c) da cláusula F da resolución (dous anos).

10 puntos

Total f)

10 puntos

Total puntuación de criterios

91,25 puntos

Segundo. Adxudicar o concerto social do xeito que a seguir se indica polo importe que se sinala á entidade seguinte:

Entidade

Fundación Meniños

NIF

G15551120

Código do procedemento: BS 213H.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 30.1.2023.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31.12.2026.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

2023 (9 meses)

2024

2025

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

380.861,49 €

253.907,66 €

634.769,15 €

523.959,40 €

349.306,27 €

873.265,67 €

536.299,71 €

357.533,14 €

893.832,85 €

2026

FSE+

FP

Total

536.299,71 €

357.533,14 €

893.832,85 €

Total FSE+
(2023-2026)

Total FP
(2023-2026)

Total FSE+/FP
(2023-2026)

1.977.420,31 €

1.318.280,21 €

3.295.700,52 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude