Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivamento de solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2022/00408 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento da súa solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

As resolucións relacionadas atópanse á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalas no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 28 de marzo de 2023

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2022/00408

43455891J

45906085V

AC-2022/00509

32940336N

Y2961076R

AC-2022/00649

Y6899400N

39468104N