Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2022/00634 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará logo do ditado da correspondente resolución.

Os expedientes relacionados están ao dispor das persoas interesadas para que poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 28 de marzo de 2023

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2022/00634

53303082F

RD6649563

AC-2022/00788

45954161T

AX140318

AC-2022/301

46914123B

RD5643767