Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de tres parcelas pola instalación eléctrica de substitución de apoios da LMT ATI713 na Casilla, concello do Porriño (expediente IN407A 2023/131-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica substitución de apoios da LMT ATI713 en Casilla (expediente IN407A 2023/131-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/131-4.

Denominación: substitución de apoios da LMT ATI713 en Casilla.

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Requeixo

Rústico

36039A031001780000DL

Descoñecido/a

C 2000/20

1,96

2

Requeixo

Rústico

36039A031001870000DR

Descoñecido/a

C-4500/18

1,96

3

Maceira

Rústico

36039A031002040000DY

Descoñecido/a

C-3000/18

1,96