Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 17 de marzo de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado de Trabazón, a favor dos veciños de Trabazón, nas parroquias de Espiñeira (San Pedro) e Lebozán (Santiago), nos concellos do Irixo e Lalín.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 13 de decembro de 2022, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado de Trabazón, a favor dos veciños de Trabazón, nas parroquias de Espiñeira (San Pedro) e Lebozán (Santiago), nos concellos do Irixo e Lalín, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 14 de maio de 2019 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Dorinda López López, no cal solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas de Trabazón.

Segundo. O 31 de maio de 2022, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Durante a tramitación do procedemento presentaron escritos de alegacións Helena Iglesias Rodríguez e a CMVMC de Espiñeira. Helena Iglesias Rodríguez defende a titularidade de 63 parcelas catastrais que suman un total de 12 hectáreas. Presenta en apoio do seu dereito un contrato de compravenda, partillas da súa avoa e tataravós.

No que respecta ás alegacións de Helena Iglesias Rodríguez, cabe indicar que o día 31 de maio de 1976 o Xurado Provincial acordou a clasificación do monte Espiñeira (a cal incluía os terreos solicitados) como veciñal en man común, a favor dos veciños de Espiñeira, Couso e Trabazón.

Posteriormente os veciños de Espiñeira reclamaron xudicialmente parte dos terreos como da súa titularidade exclusiva e resultou que o Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño, en Sentenza número 67-04, ditada no procedemento ordinario 108/2004, declarou os veciños de Espiñeira como titulares exclusivos de parte dos terreos clasificados previamente polo Xurado, e no proceso anulou a clasificación realizada no ano 1976 e deixou, polo tanto, a superficie correspondente a Trabazón sen clasificar.

O Xurado Provincial, en consonancia coa decisión adoptada no ano 1976, e tendo en conta que a resolución xudicial de 2004 non pon en dúbida a condición veciñal dos terreos, acordou a clasificación dos terreos solicitados como monte veciñal a favor dos veciños de Trabazón, sen prexuízo de que a reclamante poida acudir á xurisdición civil co obxecto de reclamar a propiedade dos terreos.

Pola súa parte, a CMVMC de Espiñeira discrepa do linde nunha zona concreta da colindancia co monte de Trabazón, dado que nesa zona hai un marco con coordenadas X:568704 Y:4711214, que foi sempre o límite entre ambos os montes veciñais, segundo defende a dita CMVMC de Espiñeira.

Porén, tal e como foi alegado polos veciños solicitantes, o perímetro do MVMC de Espiñeira está perfectamente definido con base na cartografía catastral, de conformidade coa planimetría anexa á Sentenza número 67-04 do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño, o que permite concluír que os terreos obxecto da solicitude non invaden o MVMC de Espiñeira.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Nome do monte: de Trabazón.

Superficie: 79,10 ha.

Pertenza: veciños de Trabazón.

Parroquias: Espiñeira (San Pedro) e Lebozán (Santiago).

Concellos: O Irixo (Ourense) e Lalín (Pontevedra).

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único. Trabazón.

Estes terreos constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais están separadas polos camiños coas referencias catastrais 32036A03809002, 32036A07609003, 32036A03809012, 32036A07509021, 32036A07609010 e 32036A07609012.

Parcelas obxecto de clasificación

Referencia catastral

32036A03800002

32036A03800330

32036A07501374

32036A07600379

32036A03800003

32036A03800331

32036A07501375

32036A07600380

32036A03800004

32036A03800332

32036A07501376

32036A07600381

32036A03800005

32036A03800333

32036A07501377

32036A07600382

32036A03800006

32036A03800334

32036A07501378

32036A07600383

32036A03800007

32036A03800335

32036A07501379

32036A07600384

32036A03800008

32036A03800336

32036A07501380

32036A07600385

32036A03800009

32036A03800337

32036A07501381

32036A07600386

32036A03800010

32036A03800338

32036A07501382

32036A07600387

32036A03800012

32036A03800339

32036A07501383

32036A07600388

32036A03800013

32036A03800340

32036A07509021

32036A07600389

32036A03800014

32036A03800343

32036A07600041

32036A07600390

32036A03800023

32036A03800344

32036A07600042

32036A07600488

32036A03800024

32036A03800345

32036A07600043

32036A07600489

32036A03800025

32036A03800346

32036A07600044

32036A07600490

32036A03800026

32036A03800347

32036A07600045

32036A07600491

32036A03800027

32036A03800348

32036A07600046

32036A07600492

32036A03800028

32036A03800349

32036A07600047

32036A07600495

32036A03800081

32036A03800350

32036A07600048

32036A07600496

32036A03800082

32036A03800351

32036A07600049

32036A07600497

32036A03800083

32036A03800352

32036A07600050

32036A07600498

32036A03800084

32036A03809002

32036A07600051

32036A07600499

32036A03800085

32036A03809003

32036A07600052

32036A07600500

32036A03800086

32036A03809012

32036A07600053

32036A07600501

32036A03800087

32036A07500425

32036A07600054

32036A07600502

32036A03800088

32036A07500426

32036A07600055

32036A07600503

32036A03800089

32036A07500427

32036A07600056

32036A07600504

32036A03800090

32036A07500428

32036A07600057

32036A07600505

32036A03800091

32036A07500429

32036A07600058

32036A07600506

32036A03800092

32036A07500430

32036A07600086

32036A07600507

32036A03800093

32036A07500431

32036A07600087

32036A07600509

32036A03800094

32036A07500432

32036A07600088

32036A07609010

32036A03800095

32036A07500433

32036A07600089

32036A07609012

32036A03800096

32036A07500434

32036A07600090

36024A27600659

32036A03800097

32036A07500435

32036A07600091

36024A27600660

32036A03800098

32036A07500436

32036A07600092

36024A27600661

32036A03800099

32036A07500437

32036A07600093

36024A27600723

32036A03800100

32036A07500438

32036A07600094

36024A27600725

32036A03800131

32036A07500439

32036A07600095

36024A27600727

32036A03800132

32036A07500440

32036A07600096

36024A27600731

32036A03800133

32036A07500441

32036A07600097

36024A27600733

32036A03800134

32036A07500442

32036A07600098

36024A27600735

32036A03800135

32036A07500443

32036A07600099

36024A27600737

32036A03800136

32036A07500444

32036A07600100

36024A27600741

32036A03800137

32036A07500445

32036A07600101

36024A27600746

32036A03800138

32036A07500446

32036A07600102

36024A27600749

32036A03800139

32036A07500447

32036A07600103

36024A27600752

32036A03800140

32036A07500448

32036A07600104

36024A27600753

32036A03800141

32036A07500449

32036A07600105

36024A27600754

32036A03800142

32036A07500450

32036A07600325

36024A27600755

32036A03800143

32036A07500451

32036A07600326

36024A27600756

32036A03800144

32036A07500452

32036A07600327

36024A27600758

32036A03800145

32036A07500453

32036A07600328

36024A27600759

32036A03800146

32036A07500454

32036A07600329

36024A27600761

32036A03800147

32036A07500455

32036A07600330

36024A27600954

32036A03800148

32036A07500456

32036A07600331

36024A27600955

32036A03800282

32036A07500457

32036A07600332

36024A27600956

32036A03800283

32036A07500458

32036A07600333

36024A27600957

32036A03800284

32036A07500459

32036A07600334

36024A27600958

32036A03800285

32036A07500460

32036A07600335

36024A27600959

32036A03800287

32036A07500461

32036A07600336

36024A27600960

32036A03800288

32036A07500462

32036A07600337

36024A27600961

32036A03800289

32036A07500463

32036A07600338

36024A27600962

32036A03800290

32036A07500464

32036A07600339

36024A27600963

32036A03800291

32036A07500465

32036A07600340

36024A27600964

32036A03800292

32036A07500466

32036A07600341

36024A27600965

32036A03800293

32036A07500467

32036A07600342

36024A27600966

32036A03800294

32036A07500468

32036A07600343

36024A27600967

32036A03800295

32036A07500469

32036A07600344

36024A27600969

32036A03800296

32036A07500470

32036A07600345

36024A27600970

32036A03800297

32036A07500471

32036A07600346

36024A27600971

32036A03800298

32036A07500472

32036A07600347

36024A27600972

32036A03800299

32036A07500473

32036A07600348

36024A27600973

32036A03800300

32036A07500474

32036A07600349

36024A27600974

32036A03800301

32036A07500475

32036A07600350

36024A27600975

32036A03800302

32036A07500476

32036A07600351

36024A27600976

32036A03800303

32036A07500477

32036A07600352

36024A27600977

32036A03800304

32036A07500478

32036A07600353

36024A27600978

32036A03800305

32036A07500479

32036A07600354

36024A27600979

32036A03800306

32036A07500480

32036A07600355

36024A27600980

32036A03800307

32036A07501252

32036A07600356

36024A27600981

32036A03800308

32036A07501253

32036A07600357

36024A27600982

32036A03800309

32036A07501254

32036A07600358

36024A27600983

32036A03800310

32036A07501255

32036A07600359

36024A27600984

32036A03800311

32036A07501256

32036A07600360

36024A27600985

32036A03800312

32036A07501257

32036A07600361

36024A27600986

32036A03800313

32036A07501258

32036A07600362

36024A27600987

32036A03800314

32036A07501260

32036A07600363

36024A27600988

32036A03800315

32036A07501263

32036A07600364

36024A27600989

32036A03800316

32036A07501354

32036A07600365

36024A27600990

32036A03800317

32036A07501355

32036A07600366

36024A27600991

32036A03800318

32036A07501357

32036A07600367

36024A27600992

32036A03800319

32036A07501359

32036A07600368

36024A27600993

32036A03800320

32036A07501361

32036A07600369

36024A27600994

32036A03800321

32036A07501363

32036A07600370

36024A27600995

32036A03800322

32036A07501365

32036A07600371

36024A27600996

32036A03800323

32036A07501367

32036A07600372

36024A27600997

32036A03800324

32036A07501368

32036A07600373

36024A27600998

32036A03800325

32036A07501369

32036A07600374

36024A27600999

32036A03800326

32036A07501370

32036A07600375

36024A27601000

32036A03800327

32036A07501371

32036A07600376

36024A27601001

32036A03800328

32036A07501372

32036A07600377

36024A27601002

32036A03800329

32036A07501373

32036A07600378

36024A27601003

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común e, outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado de Trabazón, a favor dos veciños de Trabazón, nas parroquias de Espiñeira (San Pedro) e Lebozán (Santiago), nos concellos do Irixo e Lalín, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 17 de marzo de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense