Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 14 de abril de 2023 Páx. 23565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícanse mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas e emprázanse para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións. Advírtese que, de non facelo así, se terán por practicadas as notificacións no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 21 de marzo de 2023

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente.

DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36/00303-I/04

35318155E

Extinción 24.1.2023

36/00708-I/19

76932476Y

Extinción 24.1.2023

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36/00205-X/93

34875962G

Extinción 9.2.2023

36/00411-X/01

34876951G

Extinción 9.2.2023

36/00615-X/22

35213424X

Denegación 23.2.2023

36/00300-X/18

77422254E

Suspensión 14.3.2023

36/00800-X/12

77415212H

Suspensión 14.3.2023