Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boqueixón (expediente-e IN407A 2022/42-1).

Expediente-e: IN407A 2022/42-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación da LMT SNT824 entre os apoios ABXLOE8WW//103 e AC5I926G//106, no lugar da Eirexe, na parroquia de San Breixo de Sergude.

Concello: Boqueixón.

Feitos:

1. O 12 de febreiro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de corrixir as distancias de seguridade non regulamentarias da liña de distribución de media tensión LMT SNT824 (ponte Ulla-Susana 24), procedente da subestación Santiago, en canto a un tellado dunha edificación e respecto da estrada nun treito localizado no lugar da Eirexe, na parroquia de Sergude, concello de Boqueixón. Proxéctase a súa regulamentación e substitúese un treito aéreo por outro soterrado.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: regulamentación LMT SNT824 entre apoios ABXLOE8W//103 e AC5I926G//106, asinado o 7 de setembro de 2021 por Rubén Fervenza Nicolás, graduado en Enxeñaría Eléctrica e co número colexial 4.684 de Vigo (COITIVIGO).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 1 de xullo de 2022.

– DOG: 2 de agosto de 2022.

– BOP: 15 de xullo de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 25 de xullo de 2022.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do secretario interventor do Concello de Boqueixón do 26 de setembro de 2022.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña; Servizo do Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña; Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)-Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana e o Concello de Boqueixón. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber, AXI, AESA, Patrimonio Cultural e o Concello.

5. O 10 de marzo de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro do 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

– Retensado LMTA (actuación 1): a 20 kV, de 51 metros, condutor tipo Pigeon, coa orixe no apoio número ABWM1GVG//D102 existente da LMT SNT824 (ponte Ulla-Susana 24), procedente da subestación Santiago e remate no apoio número ABXLOE8W//103 existente que se vai substituír por un de tipo C-3000/12 remate de liña.

– Desmontaxe do treito LMTA, a 20 kV, de 262 m, condutor tipo Pigeon, coa orixe no apoio número 103 existente que se vai substituír e remate no apoio número 106 existente que se vai cambiar. Retirada do apoio número AC20I7TS//104, manténdose o apoio número AC3OUPVM//105 por emprego da RBT.

– LMTS, a 20 kV, de 375 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio número 03 que se vai substituír e remate no PA/S proxectado no apoio número 106 que se vai cambiar. A liña discorrerá canalizada baixo tubaxe, nunha gabia de dimensións de 0,4 m de ancho e unha profundidade entre 0,8 m e 1 m. As tubaxes empregadas serán de polietileno de alta densidade, de 16 mm de diámetro. A lonxitude total da canalización será de 350 m.

– Retensado LMTA (actuación 2): a 20 kV, de 66 m, condutor tipo Pigeon, coa orixe no apoio número AC5I926G//106 existente que se vai substituír por outro de tipo C-3000/18 acabamento de liña e remate no apoio número AC6W5DHH//107 existente.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles as persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 16 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña