Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2022/332-1).

Expediente: IN407A 2022/332-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA e CTI lugar de Banzas.

Concello: Outes.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmonte do CT tipo intemperie Banzas (expedientes 4.635 e IN407A 2015/486-1/matrícula: 15XL19) de 50 kVA de potencia e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, actualmente instalado no apoio nº 57-16-B6-CT (matrícula: 9N36JKW2) emprazado no lugar de Banzas (concello de Outes).

– Modificación da LMT TA2-809 consistente na instalación entre o apoio nº 57-16-B5 (matrícula: 9N3TQBGI) metálico tipo C-2000/14 e o apoio nº 57-16-B6-CT anterior, respectando a traza da liña existente, dun novo apoio que se identificará co nº 57-16-B6 metálico tipo FL-C-2000/12-H35-CAII que se emprazará na parcela con referencia catastral 15063B504005510000WD sita no lugar de Catelas (concello de Outes).

– Desconexión e desmonte do treito da LMT aérea de 46 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30 comprendido entre o apoio nº 57-16-B5 e o apoio nº 57-16-B6-CT que alimenta o CT Banzas que se vai desmontar e aproveitamento e retensado de 41 metros do dito condutor no novo van que se creará entre o apoio nº 57-16-B5 e o novo apoio nº 57-16-B6 proxectado.

– Neste novo apoio nº 57-16-B6 proxectado, instalarase o novo CT tipo intemperie Banzas de 100 kVA de potencia e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV dotado do seu correspondente conxunto de elementos de protección e manobra MT/BT regulamentarios e de cadro de baixa tensión (CBT).

– Instalación dun (1) novo circuíto aéreo de baixa tensión (RBTA), de 11 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 3(1 x 150/80 mm2 Al/Alm), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no paso aéreo-soterrado (PA/S) proxectado no novo apoio de formigón tipo HV-630/9.

– Instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) S1, de 113 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 x 240 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado no apoio de formigón existente, en que se conectará coa rede aérea de baixa tensión existente e S2, de 49 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 x 240 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no apoio de formigón tipo HV-250/11 existente e remate na CPM dun solicitante de subministración de enerxía eléctrica.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 20 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMTA e CTI lugar de Banzas

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Outes

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Manuel Guzmán Buján

15063B504005510000WD

Polígono 504, parcela 551

Catelas

57-16-B6

2

Rústico. Agrario