Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2023/045-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMT, CT e RBT San Cibrao das Viñas.

Situación: concello de San Cibrao das Viñas.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución do apoio existente núm. D219, do tipo 2-HV, do DC correspondente ás liñas SCV804, CAS806 e BBA805, por un novo apoio proxectado de celosía metálica, do tipo C-18/4500, en que se instala un interruptor telecontrolado (ITC), retensando os condutores existentes LA-110 sobre o novo apoio.

– LMT soterrada, a 20 kV, de 507 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no apoio D219 proxectado e remate no CT proxectado.

– CT proxectado, en edificio prefabricado, de tipo manobra exterior, con transformador de 250 kVA e RT 20.000/400 V.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 28 de agosto de 2020.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 12 de marzo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/045-3.

Situación: concello de San Cibrao das Viñas.

Denominación: LMT, CT e RBT San Cibrao das Viñas.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32076A002000600000UJ.

Lugar: Farixa.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio/CT: ocupación de 10 m2 para o apoio núm.D-219 e 33 m2 de servidume de voo.