Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 12 de abril de 2023 Páx. 23077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Trazo (expediente IN407A 2022/252-1).

Expediente: IN407A 2022/252-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT NEG-803 apoio A4LUKI8N//238-1.

Concello: Trazo.

1. Características técnicas:

Modificación, respectando o seu actual trazado, do treito a 20 kV en condutor tipo LA-56 da liña NEG-803 autorizado no expediente 33.907, comprendido entre os seus apoios núm. 237 (matrícula: A4L25O9O) de formigón tipo S-AL-HV-250/12-lira-CSI e núm. 240 (matrícula: A4LKTQCJ), consistente en:

– Substitución, cun lixeiro desprazamento respecto do seu actual emprazamento, do apoio núm. 238 (matrícula: A4LQ3TUR) de formigón tipo compás-HV-400/12-lira-CAI (CD-CAI), polo novo apoio metálico tipo AM-AG-C-2000/14-H35-CAIII (CS).

– Substitución, cun lixeiro desprazamento respecto do seu actual emprazamento, do apoio núm. 239 (matrícula: A4L0KXP5) de formigón tipo S-AL-HV-250/14-lira-CSI, polo novo apoio metálico tipo AM-AL-C-1000/12-H35-CAIII (CS).

– Substitución do condutor tipo LA-56 existente por novo condutor tipo LA-56 no treito de 74,6 metros de lonxitude comprendido entre os novos apoios núm. 238 e núm. 239 proxectados.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña NEG-803 de 56,7 metros de lonxitude comprendido entre os apoios núm. 237 existente e núm. 238 proxectado e no van da liña NEG-803 de 127,2 metros de lonxitude comprendido entre os apoios núm. 239 proxectado e núm. 240 proxectado de formigón tipo AM-AL-2×HV-250/12-CR-CAI.

Modificación, respectando o seu actual trazado, dun treito a 20 kV en condutor tipo LA-30 da LMT derivada ao CT Oa (expedientes 33.097 e IN407A 2016/112-1/matrícula: 15AE12) que ten a súa orixe no apoio núm. 238 que se vai substituír pertencente á arquitectura da liña NEG-803, consistente en:

– Substitución, cun lixeiro desprazamento respecto do seu actual emprazamento, do apoio núm. 238-1 (matrícula: A4LUKI8N) de formigón tipo HV-1000/12-CR1-CAI, polo novo apoio metálico tipo AM-AL-C-1000/14-H35-CAIII en que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado e a desmontaxe dos elementos de seccionamento tipo XS actualmente instalados.

– Substitución, cun lixeiro desprazamento respecto do seu actual emprazamento, do apoio núm. 238-2 (matrícula: A4M42WTJ) de formigón tipo HV-300/12-B1-CSI, polo novo apoio metálico tipo AC-AL-C-2000/12-H35-CAIII (CS).

– Substitución do condutor tipo LA-30 existente polo novo condutor tipo LA-56 no treito de 155,6 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. 238 proxectado e o novo apoio núm. 238-2 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da LMT derivada ao CT Oa de 147,1 metros de lonxitude comprendido entre os apoios núm. 238-2 proxectado e núm. 238-3 (matrícula: A4MGRGTV) existente de formigón tipo AM-AL-HV-400/12-B2-CAI.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 20 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de telecontrol na LMT NEG-803 apoio A4LUKI8N//238-1.

Concello: Trazo.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(Servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Noya Rey

15087A048000210000SI

Polígono 48, parcela 21

Pedras do Gato

Apoio núm. 238

2

Rústico. Agrario. Piñeiral madeirable

2

Encarnación Pardal Míguez

15087A048000170000SX

Polígono 48, parcela 17

Pedras do Gato

Apoio núm. 239

2

Rústico. Agrario. Prado ou pradaría

3

Descoñecido

15087A048000240000SS

Polígono 48, parcela 24

Pedras do Gato

Apoio núm. 238-1

2

Rústico. Agrario. Piñeiral madeirable

4

Blas Sánchez González

15087A048000300000SH

Polígono 48, parcela 30

Su Picoto

Apoio núm. 238-2

2

Rústico. Agrario. Piñeiral madeirable