Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 11 de abril de 2023 Páx. 22841

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2023 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001.

O 27 de febreiro de 2010 publícase no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001.

O 4 de outubro de 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001.

Posteriormente, mediante o Real decreto 1783/2011, do 16 de decembro, modificouse o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, establecendo unha axuda adicional á prevista neste para os traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego citados, desempregados maiores de cincuenta e dous anos, para os exclusivos efectos de financiar a subscrición dun convenio especial coa Seguridade Social pola perda do nivel de cotización que puideren sufrir tales traballadores como consecuencia da perda de emprego.

Por tanto, para recoller o previsto no Real decreto 1783/2011, do 16 de outubro, modifícase a Orde do 20 de setembro de 2011, para os efectos de regular a dita axuda adicional, modificación realizada pola Orde do 31 de outubro de 2013.

Posteriormente, foi necesario establecer un procedemento de concesión directa, aberto e permanente, aplicable tanto para o recoñecemento inicial do dereito á subvención como para a renovación da súa percepción, nos supostos de suspensión desta, polo que se publica a Orde do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión da subvención especial e da contía adicional previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001 (DOG núm. 96, do 22 de maio de 2017), que derroga a anterior Orde do 20 de setembro de 2011.

O financiamento do custo da subvención especial e da contía adicional procede de transferencias de fondos do Servizo Público de Emprego Estatal, que se consigna no seu orzamento, tal e como establece o artigo 3.2 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro.

Coa finalidade de proceder ao pagamento da subvención dos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001, correspondente ao exercicio 2023, publícase esta resolución.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Publicidade do crédito para o exercicio 2023

1. O pagamento da subvención especial, así como da cantidade adicional devindicadas no exercicio 2023 aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001, financiarase con cargo ao crédito da aplicación 11.50.322A.480.2, código de proxecto 2013 00544, do proxecto dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023, por un importe total de 70.000 euros.

2. En canto ao procedemento de aprobación do gasto e pagamento das axudas establecidas nesta resolución, observarase o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Orde do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión da subvención especial e da contía adicional previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2023

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación