Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 11 de abril de 2023 Páx. 22844

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU500A).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas que se financiarán cun crédito total de 400.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.1, código de proxecto 2017 00005, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión
das festas declaradas de interese turístico de Galicia

Concello beneficiario

Descrición da actuación

Importe da subvención

Mondoñedo

Feira e Festas As San Lucas

3.000,00 €

Soutomaior

Festa da Ostra

3.000,00 €

Begonte

O Nadal do Belén Electrónico de Begonte

3.000,00 €

Laza

Entroido de Laza

3.000,00 €

Sober

Feira do Viño de Amandi

3.000,00 €

Muíños

Festa Gastronómica das Sopas do Burro Canso

3.000,00 €

Ribadavia

Feira do Viño do Ribeiro

3.000,00 €

Monterrei

Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei

3.000,00 €

Chantada

Folión de Carros

3.000,00 €

O Pino

Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

3.000,00 €

A Laracha

Festa das Cereixas de Paiosaco

3.000,00 €

Arnoia

Festa do Pemento

3.000,00 €

Ares

Alfombras Florais

3.000,00 €

A Guarda

Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira

3.000,00 €

Folgoso do Courel

Festa da Castaña

3.000,00 €

Riós

Festa da Castaña e do Cogomelo

3.000,00 €

Monterroso

Feira de Santos

3.000,00 €

Vilariño de Conso

Entroido

3.000,00 €

Vilanova de Arousa

Festa do Mexillón e do Berberecho

3.000,00 €

Manzaneda

Fulión do Entroido de Manzaneda

3.000,00 €

Bande

Festa do Peixe

3.000,00 €

Celanova

Romaría Etnográfica Raigame

3.000,00 €

Cervo

Festa do Ourizo

3.000,00 €

Leiro

Festa da Vendima

3.000,00 €

Foz

Festa de San Lourenzo

3.000,00 €

Pantón

Feira do Viño

3.000,00 €

Quiroga

Mostra do Aceite de Quiroga no Muíño de Bendilló

3.000,00 €

Cospeito

Festa da Filloa

3.000,00 €

Arbo

Festa da Lamprea Seca de Arbo

3.000,00 €

Betanzos

Feira Franca Medieval

3.000,00 €

Ponte Caldelas

Festa da Troita

3.000,00 €

Oímbra

Feira do Pemento

3.000,00 €

Silleda

Festa da Empanada

3.000,00 €

Laxe

Naufraxio de Laxe

3.000,00 €

Boqueixón

Festa da Filloa de Lestedo

3.000,00 €

Moraña

Festa do Carneiro ao Espeto

3.000,00 €

A Cañiza

Festa-Feira do Xamón

3.000,00 €

Viveiro

Romaría Naseiro

3.000,00 €

As Neves

Feira do Requeixo e do Mel

3.000,00 €

Melide

Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide

3.000,00 €

Guitiriz

Festival de Pardiñas

3.000,00 €

Rairiz de Veiga

Romaría da Saínza

3.000,00 €

Tui

Festa de San Telmo

3.000,00 €

Taboada

Queima das Fachas

3.000,00 €

Padrón

Festas da Pascua

3.000,00 €

Barreiros

Festival Folclórico Internacional do Emigrante

3.000,00 €

Friol

Feira do Queixo e do Pan de Friol

3.000,00 €

Vilaboa

Entroido de Cobres

3.000,00 €

Forcarei

Festa do Gaiteiro de Soutelo

3.000,00 €

Meira

Festa da Malla

3.000,00 €

Marín

San Miguel e a súa Danza de Espadas

3.000,00 €

Lourenzá

Festa da Faba

3.000,00 €

Pedrafita do Cebreiro

Feira do Queixo do Cebreiro

3.000,00 €

Meis

Semana Santa e Pascua de Paradela

3.000,00 €

Viana do Bolo

Entroido e Festa da Androlla

3.000,00 €

Mos

Festa da Rosa

3.000,00 €

Arzúa

Festa do Queixo

3.000,00 €

Cuntis

Festa Gastronómica do Lacón con Grelos

3.000,00 €

Valga

Festa da Anguía e Mostra da Caña do País

3.000,00 €

Ribeira

Festa da Dorna

3.000,00 €

Ribadeo

Día da Gaita e Romaría a Santa Cruz

2.946,90 €

Narón

Oenach Atlántico

3.000,00 €

O Barco de Valdeorras

Festa do Botelo

3.000,00 €

Lalín

Festa da Malla

3.000,00 €

Vilagarcía de Arousa

Festa da Ameixa de Carril

3.000,00 €

Cangas

Semana Santa de Cangas

3.000,00 €

Santiago de Compostela

Semana Santa de Santiago

3.000,00 €

Vedra

Entroido Rural e Tradicional dos Xenerais da Ulla

3.000,00 €

Salvaterra de Miño

Festa do Viño do Condado do Tea

3.000,00 €

Vila de Cruces

Festa do Galo de Curral

3.000,00 €

Boiro

Romaría de San Ramón de Bealo

3.000,00 €

Ourense

Festa dos Maios

3.000,00 €

Malpica de Bergantiños

Romaría de Santo Hadrián

3.000,00 €

Neda

Festa do Pan de Neda

3.000,00 €

Allariz

Festa do Boi

3.000,00 €

A Pobra do Caramiñal

Festa de Xesús O Nazareno. Festa das Mortallas

3.000,00 €

O Rosal

Feira do Viño do Rosal

3.000,00 €

Valdoviño

Pantín Classic Galicia Pro

3.000,00 €

Camariñas

Mostra do Encaixe de Camariñas

3.000,00 €

Ponteceso

Festa do Percebe do Roncudo

3.000,00 €

Mugardos

Festa do Polbo

3.000,00 €

Coristanco

Festa da Pataca

3.000,00 €

Láncara

Feira da Tenreira Galega

3.000,00 €

Castro Caldelas

Festa dos Fachós

3.000,00 €

Maceda

Entroido de Maceda

3.000,00 €

Sada

Sardiñada de Sada, Festa de San Roque

3.000,00 €

Vimianzo

Asalto ao Castelo de Vimianzo

3.000,00 €

Bueu

Encontro Degustación do Millo Corvo

3.000,00 €