Expediente: IN407A 2023/021-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CT e RBT Piñeiro.
Concello: Cambre.
1. Características técnicas:
– Centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (dúas de reserva), que se vai instalar na parcela con referencia catastral 15017A022000790000ME sita no lugar de Piñeiro (concello de Cambre).
– Modificación proxectada no apoio núm. 46-2 (matrícula: AKK0CKDW) de formigón pertencente á arquitectura do treito da liña SMC-729 autorizado no expediente 32.185, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e de elementos de seccionamento tipo XS.
– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 279 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e remate en cela de liña do CT proxectado.
– Instalación dun (1) circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS), de 42 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×150 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A), que se vai instalar no apoio de formigón tipo HV-315/9 en que se conectará coa rede de baixa tensión aérea (RBTA) existente.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 15 de marzo de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Denominación: LMTS, CT e RBT Piñeiro.
Concello: Cambre.
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT soterrada (Servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
CT/nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Descoñecido |
15017A022000790000ME Polígono 22, parcela 79 |
Sobreguexe |
CT e acceso |
17,45 |
Rústico. Agrario. |