Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 15 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2022/388-1).

Expediente: IN407A 2022/388-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA SMR-706 entre os apoios núm. 104-12 e núm. 104-16 e CT Confurco.

Concello: Ferrol.

1. Características técnicas:

– Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo caseta de obra civil Confurco (expediente 32.057/matrícula: 15CN67) de 50 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, situado no lugar do Confurco, Doniños (concello de Ferrol).

– En substitución do CT tipo caseta de obra civil Confurco, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar nunha parcela con acceso desde viario público, tamén sita no lugar do Confurco, Doniños (concello de Ferrol).

– Modificación da LMT SMR-706 consistente na instalación entre o apoio s/n (matrícula: AJSAN4L4) metálico tipo A-AL-CH-1600/11-CR1-CA e o apoio núm. 104-13 de formigón tipo A-AL-HV-1600/11-CR1-CA, tras da caseta ocupada polo actual CT Confurco para desmantelar, dun novo apoio metálico tipo A-AG-C-1000-16-D15(BA)-CAIII, que se identificará como apoio núm. 104-12. Esta operación implicará a creación de dous (2) novos vans de liña, de 21 metros de lonxitude entre o apoio s/n (matrícula: AJSAN4L4) e o apoio núm. 104-12 proxectado e de 26 metros de lonxitude entre o apoio núm. 104-12 proxectado e o apoio núm. 104-13, sobre os que se tenderá novo condutor tipo LA-56

– Substitución, respectando a súa actual localización, do apoio núm. 104-15 de formigón tipo S-AL-HV-400/12-B1-CS polo novo apoio metálico tipo A-AL-C-1000/14-H35-CAIII(CSIII) no cal instalarán un paso aéreo-soterrado (PA/S) con xogo de pararraios autoválvulas e elementos de seccionamento tipo XS.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 85 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio núm. 104-15 e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión alimentada actualmente desde o CT Confurco (expediente 32.057/matrícula: 15CN67) para desmantelar, mediante a instalación dun (1) novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS), de 8 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado no novo apoio de formigón tipo HV-630/9, no cal se conectará coa rede aérea de baixa tensión proxectada de 129 metros de lonxitude en condutores tipo RZ 3(1×25/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 2(1×25 mm2 Al). Esta operación permitirá a retirada dun treito da rede aérea de baixa tensión existente de 120 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 3(1×25/54,6 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 15 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMTA SMR-706 entre os apoios núm. 104-12
e núm. 104-16 e CT Confurco

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ferrol

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Descoñecido

15037A031001920000PX

Picadeira

104-15

2

4

12

Matogueira