Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sandiás

ANUNCIO do 15 de marzo de 2023 de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

11.8.2022

32078A04500023

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

045

00023

Descoñecida

11.8.2022

32078A04500067

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

045

00067

Descoñecida

12.8.2022

32078A04600004

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

046

00004

Descoñecida

11.8.2022

32078A08100024

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

081

00024

Descoñecida

11.8.2022

32078A08100025

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

081

00025

Descoñecida

11.8.2022

32078A08100028

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

081

00028

Descoñecida

11.8.2022

32078A08100029

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

081

00029

Descoñecida

11.8.2022

32078A14800235

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

148

00235

Descoñecida

11.8.2022

32078A14800236

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

148

00236

Descoñecida

11.8.2022

32078A14800239

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

148

00239

Descoñecida

11.8.2022

32078A14800324

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

148

00324

Descoñecida

11.8.2022

32078A14900174

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

149

00174

Descoñecida

11.8.2022

32078A16600012

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

166

00012

Descoñecida

11.8.2022

32078A16600033

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

166

00033

Descoñecida

11.8.2022

32078A16600150

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

166

00150

Descoñecida

11.8.2022

32078A16700014

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

167

00014

Descoñecida

11.8.2022

32078A16700025

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

167

00025

Descoñecida

11.8.2022

32078A16700030

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

167

00030

Descoñecida

12.8.2022

32078A50200878

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

502

00878

Descoñecida

11.8.2022

32078A50201556

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

502

01556

Descoñecida

11.8.2022

32078A50303065

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

503

03065

Descoñecida

11.8.2022

32078A50303092

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

503

03092

Descoñecida

11.8.2022

32078A50303130

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

503

03130

Descoñecida

11.8.2022

32078A50303143

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

503

03143

Descoñecida

11.8.2022

32078A50303149

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

503

03149

Descoñecida

11.8.2022

32078A50303165

Sandiás (Santo Estevo), Sandiás, Ourense

503

03165

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

Ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2021/32078A04500023

32078A04500023

0,0068

3.953,15 €

26,98 €

2021/32078A04500067

32078A04500067

0,0084

3.953,15 €

33,19 €

2021/32078A04600004

32078A04600004

0,0425

2.056,00 €

87,36 €

2021/32078A08100024

32078A08100024

0,0096

2.056,00 €

19,69 €

2021/32078A08100025

32078A08100025

0,0095

2.056,00 €

19,63 €

2021/32078A08100028

32078A08100028

0,0187

2.056,00 €

38,41 €

2021/32078A08100029

32078A08100029

0,0019

2.056,00 €

3,98 €

2021/32078A14800235

32078A14800235

0,0090

3.953,15 €

35,42 €

2021/32078A14800236

32078A14800236

0,0449

3.953,15 €

177,49 €

2021/32078A14800239

32078A14800239

0,0804

3.953,15 €

317,80 €

2021/32078A14800324

32078A14800324

0,0384

3.953,15 €

151,71 €

2021/32078A14900174

32078A14900174

0,0804

2.056,00 €

165,28 €

2021/32078A16600012

32078A16600012

0,0232

3.953,15 €

91,84 €

2021/32078A16600033

32078A16600033

0,0190

3,953,15 €

75,09 €

2021/32078A16600150

32078A16600150

0,0752

2.056,00 €

154,52 €

2021/32078A16700014

32078A16700014

0,0296

3.953,15 €

117,10 €

2021/32078A16700025

32078A16700025

0,0469

2.056,00 €

96,43 €

2021/32078A16700030

32078A16700030

0,0220

3.953,15 €

87,15 €

2021/32078A50200878

32078A50200878

0,1438

3.953,15 €

568,32 €

2021/32078A50201556

32078A50201556

0,4945

2.056,00 €

1.016,79 €

2021/32078A50303065

32078A50303065

0,1293

2.056,00 €

265,88 €

2021/32078A50303092

32078A50303092

0,0282

3.953,15 €

111,41 €

2021/32078A50303130

32078A50303130

0,0376

3.953,15 €

148,77 €

2021/32078A50303143

32078A50303143

0,0281

3.953,15 €

110,96 €

2021/32078A50303149

32078A50303149

0,0809

3.953,15 €

319,87 €

2021/32078A50303165

32078A50303165

0,2695

2.056,00 €

554,16 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador, para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Sandiás, 15 de marzo de 2023

Felipe Traveso García
Alcalde