Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun xardín municipal.

A Xunta de Goberno local, en sesión do 9 de marzo de 2023, aprobou inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun xardín municipal no Concello de Soutomaior, datado en xaneiro de 2023, redactado pola consultora técnica Arqyur, S.C.

De acordo co previsto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública a documentación do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun xardín municipal no Concello de Soutomaior, polo prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, e estará á disposición dos/das interesados/as na sede electrónica deste concello: http://soutomaior.sedelectronica.es

Soutomaior, 16 de marzo de 2023

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde