Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22783

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela da Cidade das TIC, A Coruña (expediente 631/2022/138).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 2 de marzo de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o informe municipal ás alegacións redactado polo xefe do Departamento de Planeamento e pola directora de Urbanismo.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento do estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela da Cidade das TIC. Febreiro 2023, promovido pola Universidade da Coruña e redactado polos arquitectos Mónica Mesejo Conde, Alfredo Garrote Pazos e Sara Prieto Hortas.

Terceiro. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos no artigo 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Cuarto. Requirir a Universidade da Coruña, como titular da concesión dos terreos da antiga Fábrica de Armas, para que presente, con antelación ao prazo de tres meses outorgado no informe favorable do Ministerio de Defensa do 9 de febreiro de 2023, o estudo de detalle complementario, conforme o indicado polo Ministerio no citado informe e de acordo con el, do que se dá traslado para os referidos efectos.

Quinto. Manifestar o compromiso do Concello da Coruña de que, no suposto de que a Universidade da Coruña non presente no prazo indicado o citado estudo de detalle complementario, será o propio Concello o que elaborará e tramitará o dito estudo de detalle complementario, conforme a lexitimación que lle confire o artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, consonte o informe do Ministerio do 9 de febreiro de 2023 e da documentación anexa ao dito informe, nos termos deste.

Sexto. Notificar este acordo ao promotor, ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente, aos propietarios dos terreos afectados e ao alegante.

Sétimo. Notificar este acordo ao Ministerio de Defensa e á Universidade da Coruña.

Oitavo. Facultar a Alcaldía Presidencia para a realización de cantos actos trámites e xestións sexan procedentes para o bo fin dos acordos adoptados.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, con cita previa que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou no enderezo electrónico registrourbanismo@coruna.es; na páxina web de Urbanismo do Concello https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamento/planeamento vixente»; ou ben, desde a mesma web, a través do visor «Desenvolvemento do planeamento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 9 de marzo de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo