Tras a negociación do convenio urbanístico entre o Concello de Oleiros e os promotores para a elaboración e execución do proxecto de urbanización da UA-31 Finca Urioste (Xoez-Serantes), e en cumprimento do disposto no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que calquera persoa interesada poida examinar o convenio urbanístico e formular as alegacións que procedan.
Durante o período de información pública, o expediente estará á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Oleiros www.oleiros.org e no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.
Oleiros, 15 de marzo de 2023
Ángel García Seoane
Alcalde