Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023, para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (Diario Oficial de Galicia número 235, do 13 de decembro de 2022).

O día 13 de decembro de 2022, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023, para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

Segundo o establecido no punto 6 do artigo 13 da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023, para a concesión das primas de mantemento, e de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, as notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación, especificaranse a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpolos.

Na notificación de concesión da axuda informaranse as persoas beneficiarias de que a operación se financia en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, medida 8.2 do PDR de Galicia.

En virtude do artigo 12 da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023, para a concesión das primas de mantemento, e do artigo 2 da Orde do 17 de novembro de 2015 sobre delegación de competencias en diversos órganos da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 223, do 23 de novembro), o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ACORDA:

A publicación do contido da Resolución do 28 de febreiro de 2023 das axudas concedidas con cargo ao código de proxecto 14.03.713 B.770.0, CP 2016 00208 e tamén daquelas desestimadas, ao abeiro da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023, para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, foron comunicadas por España á Comisión Europea e publicadas na páxina web da Comisión (http://ec.europa.eu/competition/ elojade/isef/case_details.cfm?proc_code=3_SA_43021) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

A orde estableceu unha liña de axuda obxecto de subvención, a cal se corresponde coa medida 8.2 (establecemento e mantemento de sistemas agroforestais), prioridade 4 do PDR 2014-2020:

O anexo I relaciona a listaxe daquelas axudas solicitadas que foron concedidas.

Esta listaxe atópase na páxina web da Consellería do Medio Rural.

As axudas concedidas, dispostas no anexo I, deberán:

1. Presentar, cada ano (2023, 2024 e 2025), coa solicitude única da Política Agraria Común (Orde anual pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control), a solicitude de pagamento e a xustificación dos traballos, xunto coa seguinte documentación deberá achegar, segundo o disposto na dita orde de axudas:

A. Os xustificantes de gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) de acordo co indicado no anexo VI da orde.

B. No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

– Comunicación de cesión do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo V desta orde. No caso de que o cesionario do dereito de cobramento sexa unha CMVMC, o devandito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade, pero deberá constar o certificado do/da secretario/a da comunidade en que indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente para asinar a dita cesión de cobramento.

– Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado, este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público, xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

– Copia do DNI/NIF/NIE en vigor da persoa cesionaria, só no caso de denegar expresamente a súa verificación.

– Copia do NIF en vigor da entidade cesionaria, excepto autorización para a súa obtención á Administración.

C. Declaración de non ter concedidas ou solicitadas outras axudas ou, de telas, indicación de cales son.

2. A prima definitiva será a resultante da comprobación final realizada por funcionarios da consellería competente no medio rural. Por mor desa comprobación, deberase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente sempre que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

Contra a resolución que se publica cabe a interposición de recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen pertinente.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2023

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO I

Listaxe de axudas concedidas

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

17270086/2023

***0445**

Manuel Ángel Jove Losada

2,412,00€

Desagregación dos traballos aprobados

Ano

Especie

Superficie

Importe subvencionado

2023

B28

2,01 ha

804,00€

2024

B28

2,01 ha

804,00€

2025

B28

2,01 ha

804,00€

Parcela

Referencia Sixpac

Campaña Sixpac

Superficie actuación

Especie

1

27020 00 00 081 00068 001

2016

2,01 ha

B28