Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 10 de abril de 2023 Páx. 22670

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 3 de abril de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada pola organización sindical CESM con carácter indefinido a partir do 11 de abril.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se encontra a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) convocou unha folga que afectará todo o persoal licenciado sanitario (incluído o residente en formación -MIR, FIR, BIR e asimilados/as-) do Servizo Galego de Saúde e da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (en diante, FPUS-061), que se desenvolverá con carácter indefinido a partir das 0.00 horas do 11 de abril de 2023.

Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A convocatoria da folga referida deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen na presente orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E ao propio tempo responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Por iso mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados/as, así como a atención urxente e permanente e os servizos sanitarios que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. O persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061.

II. Nos centros e institucións sanitarias:

a) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable. Debido a que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, de ser o caso.

– Área de diálise.

– Área de tratamentos oncolóxicos (radioterapia, hospital de día).

3. Cobertura da actividade cirúrxica dos/das pacientes, tanto hospitalizados/as como ambulatorios/as, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir a atención urxente dos/das doentes hospitalizados/as e as altas clínicas. Ademais, garantirase a presenza dun/dunha facultativo/a por unidade de hospitalización médica e cirúrxica co obxectivo de garantir a asistencia ás persoas usuarias ingresadas, calquera que sexa a modalidade da prestación, coa seguinte proporción:

– En unidades con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En unidades con de cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En unidades con de nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En unidades con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos/das pacientes hospitalizados/as que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, no criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das doentes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático e dos/das doentes desprazados/as.

6. Garantirase, así mesmo, a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren aos/ás pacientes hospitalizados que, no criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, entendéndose incluídas as dos/das pacientes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a prescrición de sangue, medicamentos e produtos sanitarios.

8. Garantirase a atención necesaria a pacientes subsidiarios/as de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

b) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención primaria (persoal médico, pediatra e odontólogo):

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade do servizo de urxencias extrahospitalarias (punto de atención continuada -PAC-), tendo en conta de que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e ante a que é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, polo que ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente ou inaprazable desa unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación:

– En centros con catro ou menos médicos de familia: 1 efectivo.

– En centros con de cinco a oito médicos de familia: 2 efectivos.

– En centros con de nove a doce médicos de familia: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis médicos de familia: 4 efectivos.

Así mesmo, garantirase a atención pediátrica urxente coa presenza dun/dunha pediatra por centro.

Artigo 2

Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante a folga.

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios de cada centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será realizada pola dirección da correspondente institución e notificada aos profesionais afectados.

O persoal designado para a cobertura dos servizos mínimos que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a profesional que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

Área Sanitaria da Coruña e Cee

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

13

13

8

Área cirúrxica

75

35

35

Área clínica/Hospitalización

68

20

20

Servizos centrais

20

10

10

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

3

3

3

Área cirúrxica

8

5

5

Área clínica/Hospitalización

5

3

2

Servizos centrais

4

1

1

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia e pediatra

128

63

18

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

13

13

7

Área cirúrxica

73

34

34

Área clínica/Hospitalización

65

24

24

Servizos centrais

23

16

13

Hospital Público da Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

4

4

3

Área cirúrxica

7

7

7

Área clínica/Hospitalización

4

3

2

Servizos centrais

4

3

2

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra e odontólogo

163

55

23

Área Sanitaria de Ferrol

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

8

7

5

Área cirúrxica

20

12

12

Área clínica/Hospitalización

37

12

12

Servizos centrais

19

7

6

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra, odontólogo e farmacéutico

54

27

11

Provincia de Lugo

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Lucus Augusti.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

11

12

8

Área cirúrxica

31

17

17

Área clínica/Hospitalización

41

12

12

Servizos centrais

30

9

8

Hospital Público de Monforte.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

3

3

3

Área cirúrxica

9

9

9

Área clínica/Hospitalización

7

4

4

Servizos centrais

7

5

4

Hospital Público da Mariña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

4

3

2

Área cirúrxica

12

11

11

Área clínica/Hospitalización

7

3

3

Servizos centrais

6

2

2

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra e odontólogo

122

41

26

Provincia de Ourense

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

8

7

4

Área cirúrxica

41

16

15

Área clínica/Hospitalización

69

13

11

Servizos centrais

50

14

13

Hospital de Verín.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

3

3

3

Área cirúrxica

4

4

4

Área clínica/Hospitalización

5

1

1

Servizos centrais

5

1

1

Hospital Público de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

3

2

2

Área cirúrxica

3

2

2

Área clínica/Hospitalización

10

6

6

Servizos centrais

5

3

3

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia e pediatra

125

27

21

Provincia de Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

8

8

6

Área cirúrxica

56

18

17

Área clínica/Hospitalización

46

12

12

Servizos centrais

22

4

4

Hospital do Salnés.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

4

4

3

Área cirúrxica

14

4

4

Área clínica/Hospitalización

6

2

2

Servizos centrais

8

3

3

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra, odontólogo e farmacéutico

80

27

12

Área Sanitaria de Vigo

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

15

15

9

Área cirúrxica

74

37

37

Área clínica/Hospitalización

67

27

25

Servizos centrais

36

16

14

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra, odontólogo e farmacéutico

147

69

21

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Servizos mínimos

Persoal facultativo:

Mañá

Tarde

Noite

Médico coordinador/a

6+11

6+11

3

Médico asistencial base ambulancia

12

12

12

Médico asistencial base helicóptero

22

22

-

(1) Aos 6 efectivos na quenda de mañá hai que sumarlle un en horario das 10.00 ás 16.00 horas. Aos 6 profesionais na quenda de tarde hai que sumarlle un en horario das 16.00 ás 23.00 horas.

(2) Están operativos de orto a ocaso.