Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

RESOLUCIÓN da orde de execución subsidiaria para a xestión da biomasa.

Antecedentes:

1. Que, segundo consta nos expedientes municipais, se procedeu á notificación/publicación ás persoas responsables das parcelas referenciadas no punto segundo que non cumprían coas obrigas de xestión de biomasa e que se lles concedeu un prazo máximo de quince (15) días naturais para o seu cumprimento voluntario.

2. Que, segundo as actas de inspección expedidas na data recollida a seguir, se pon de manifesto o incumprimento, transcorrido o dito prazo, das obrigas de xestión de biomasa e/ou das obrigas de retirada de especies arbóreas nas seguintes parcelas do expediente 2006/2022:

Referencia catastral

Localización

Liquidación provisional dos traballos de xestión da biomasa

Ha afectadas por execución subsidiaria

Persoa responsable

Data constatación incumprimento

0533104NG2603S

A Rochela, Vilaza

34,45

0,0204

Irmáns de José Blanco Díaz

2.3.2023

0533105NG2603S

A Rochela, Vilaza

51,98

0,0154

Dolores González Lira

2.3.2023

0533106NG2603S

A Rochela, Vilaza

56,70

0,0168

Irmáns de José Blanco Díaz

2.3.2023

0533107NG2603S

A Rochela, Vilaza

50,29

0,0149

Dolores Salgueiro Troncoso

2.3.2023

0533112NG2603S

A Rochela, Vilaza

226,22

0,0638

Aurora Alonso Gonda

2.3.2023

3. Que, segundo o punto décimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, «cando se constate a persistencia no incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución, logo do transcurso do prazo máximo para o cumprimento voluntario outorgado na pertinente comunicación ou requirimento, o órgano que enviou este procederá do modo seguinte:

a) Iniciará as actuacións para o cobramento da cantidade liquidada provisionalmente.

b) Ordenará a execución subsidiaria, contra a cal non se admitirán recursos en vía administrativa.

c) Pedirá simultaneamente ao órgano competente que inicie o correspondente procedemento sancionador. A petición incluirá expresamente a solicitude de que se adopte como medida cautelar o comiso da madeira procedente da corta de especies arbóreas que deban ser retiradas, de ser o caso».

4. O custo destas actuacións será asumido polo Concello, ata que este poida ser repercutido ás persoas responsables de xestión.

5. Así mesmo, segundo o disposto no artigo 22.6, a execución subsidiaria da xestión da biomasa non requirirá de ningunha autorización, e as persoas responsables están obrigadas a facilitar os accesos necesarios.

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a execución subsidiaria da realización dos traballos de xestión da biomasa para a prevención e defensa contra os incendios forestais nas parcelas descritas no antecedente segundo. Así mesmo, procederase ao comiso da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

A execución subsidiaria levarase a cabo a partir das 9.00 horas do día 1 de abril de 2023 por parte do persoal designado polo Concello.

Segundo. Aprobar a liquidación provisional dos gastos derivados da execución subsidiaria que, sen prexuízo da súa liquidación definitiva unha vez realizadas as actuacións, deberá aboar a persoa responsable.

Terceiro. Dar traslado ao órgano competente para incoar o procedemento sancionador, consonte o establecido polo artigo 54 da Lei 3/2007, para que se incoe o dito procedemento e se adopte a medida cautelar de comiso das especies arbóreas prohibidas.

Quinto. O texto íntegro desta resolución estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Gondomar, 10 de marzo de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 29.8.2019)
Brais Misa García
Concelleiro de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados, en ambos casos, desde o día seguinte ao de notificación desta resolución.